O conselleiro de Sanidade inaugura unhas xornadas de toxicoloxía españolas e iberoamericanas

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2023.- O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, inaugurou hoxe unhas Xornadas de Toxicoloxía españolas e iberoamericanas 2023, organizadas pola Asociación Española de Toxicoloxía (AETOX) e o Instituto de Ciencias Forenses da USC, e que reuniron en Compostela a expertos nacionais e internacionais neste campo, para poñer en común a actividade de todos os servizos de toxicoloxía repartidos por todas as universidades e centros de investigación.

 

Entre outros temas, nas Xornadas de Toxicoloxía, que abranguen todas as ramas da mesma, abordáronse comunicacións referidas á seguridade alimentaria e educación, a toxicoloxía experimental e métodos alternativos, a toxicoloxía forense e clínica, e a toxicoloxía ambiental e veterinaria.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/06/2023