A Xunta participa na apertura dunha nova edición da escola de verán da área de xuventude da Unión Sindical Obreira

Carballo (A Coruña), 27 de xuño de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta tarde á xornada inaugural da cuarta edición da escola de verán da sección de xuventude da Unión Sindical Obreira (USO), que ata o vindeiro xoves se desenvolve nas instalacións do hotel náutico de Razo.

Os participantes neste encontro abordarán temas como as redes sociais ou a igualdade de xénero e a prevención da violencia, entre outros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/06/2023