A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente Territorio e Vivenda participou no consello de administración de Solo Empresarial do Atlántico (SEA)

Autorizada a venda de sete parcelas nos polígonos industriais de Cee, Vimianzo, Catoira e Vilanova de Arousa por preto de 1,25 millóns de euros

Tamén se aprobou a concesión en dereito de superficie con opción de compra de 4 parcelas no parque empresarial de Vimianzo

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2023

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou hoxe na reunión do consello de administración de Solo Empresarial do Atlántico (SEA) na que se autorizou a venda de sete parcelas nos polígonos industriais de Cee, Vimianzo, Catoira e Vilanova de Arousa por preto de 1,25 millóns de euros.

Deste xeito, SEA aprobou a venda de 3 parcelas no parque empresarial de Cee por preto de 390.000 euros; de 2 solares no polígono industrial de Baión, en Vilanova de Arousa, por máis de 620.000 euros; e doutro terreo no de Catoira por máis de 180.000 euros.

No que atinxe ao parque empresarial de Vimianzo, ademais da autorización de venda dunha parcela por máis de 56.000 euros, tamén se aprobou a concesión en dereito de superficie con dereito a compra doutros 4 solares. Neste caso o adxudicatario aboará un canon anual de algo máis de 1.000 o primeiro e segundo ano; de ao redor de 1.700, nos dous seguintes, e de preto de 2.400, o resto de exercicios ata acadar os 30 anos.

A maiores, na reunión do consello de administración tamén se avaliaron as propostas de ampliación dos parques empresariais da Laracha e de Reboredo, no concello de Monforte de Lemos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/06/2023