A Xunta remata a renovación da sinalización horizontal da Rolda Leste e dun tramo da LU-530 en Lugo

Lugo, 27 de xuño de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade rematou os traballos de renovación da sinalización horizontal na Rolda Leste e nun tramo da estrada autonómica LU-530 (Lugo-A Fonsagrada) no municipio da capital.

En concreto, actuouse en preto de 3 quilómetros da LU-530, entre o cruce coa estrada do Rato e o enlace coa autovía A-6, e nos 2,4 quilómetros de lonxitude do tramo construído da Rolda Leste (LU-021). O orzamento ascendeu a 17.715 euros.

Repintáronse todas as marcas viarias para dotar de maior seguridade ao tráfico, especialmente nos puntos nos que conflúen peóns e vehículos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/06/2023