A Xunta mantén un encuentro con representantes do Clúster de Empresas de Enxeñería, Consultaría e Servizos Tecnolóxicos de Galicia (AGEINCO)

Vigo (Pontevedra), 26 de xuño de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participou hoxe nun xantar de traballo con membros do Clúster de Empresas de Enxeñería, Consultaría e Servizos Tecnolóxicos de Galicia (AGEINCO) para coñecer de primeira man o traballo e as inquedanzas dun organismo que agrupa en Galicia a máis de 30 empresas e 1.200 profesionais, a maioría cun perfil técnico con alta cualificación.

 

A Estratexia Galicia Dixital 2030 e a implantación das tecnoloxías disruptivas nas empresas galegas foron algún dos temas abordados durante a reunión.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/06/2023