A Xunta inicia a rehabilitación integral do Instituto Valle-Inclán de Pontevedra

Hoxe asinouse a acta de replanteo das obras para actuar na totalidade deste edificio histórico singular, no que a Consellería de Educación inviste 4,7 M€

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2023 A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades inicia hoxe, coa sinatura da acta de replanteo, as obras de rehabilitación integral do Instituto IES Valle-Inclán, en Pontevedra, que contan cun investimento de 4,7 M€ e un prazo de execución de 16 meses.

Esta rehabilitación integral -que abrangue melloras enerxéticas, estruturais e funcionais- supón actuar na totalidade deste edificio histórico singular e redundará nun aforro de preto do 60 % de enerxía no centro.

Para levar a cabo esta actuación, que é a de maior envergadura realizada neste centro desde os anos 70 e a máis ambiciosa de todos os centros educativos de Galicia nos últimos anos, a Consellería de Educación deseñou un plan de traballo que inclúe cinco fases sectorializadas. Agora, nada máis rematar as clases, comeza a primeira delas (a fase A), que se alargará ata setembro, co obxectivo de aproveitar a tempada sen clases.

Data de actualización: 26/06/2023