Emigración celebra cos galegos do Reino Unido o Día de Galicia no Instituto Cañada Blanch

O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, destacou a labor da colectividade galega neste país en prol de manter a nosa cultura entre as novas xeracións

Londres (Reino Unido), 25 de xuño de 2023 O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu a romería polo tradicional Día de Galicia que organiza o Centro Galego de Londres no Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres, que deste xeito se recupera tralo paso da pandemia.

O responsable do departamento autonómico destacou a labor da colectividade galega por manter viva a cultura e as costumes entre as novas xeracións “nun país como é o Reino Unido, que é un dos países europeos con maior tradición de galegos residentes. Trátase dunha celebración de encontro que une a toda a nosa colectividade en Londres”.

O acto contou con diversas actuacións musicais, como a banda de gaitas do Centro Galego. Tamén desenvolveuse unha comida de confraternidade á que asistiron varios milleiros de membros da comunidade galega e española na capital británica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/06/2023