Miranda felicita aos galegos residentes en Cuxhaven polo éxito da súa 46 Festa da Primavera

Cuxhaven (Alemaña), 24 de xuño de 2023 O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe á 46 Festa da Primavera de Cuxhaven, organizada polo centro galego asentado nas beiras do Mar do Norte, felicitándoos polo éxito acadado tanto na asistencia de público como na calidade das actuacións dos diferentes grupos folclóricos galegos asistentes e da cantante galega Lucía Pérez.

A esta festa asistiu, entre outras autoridades, a tenente alcalde do concello, Christina Babacé, moi vinculada ao mundo da emigración, xa que naceu en Nova York, filla de alemáns emigrados a Estados Unidos. Miranda agradeceu o traballo desenvolvido pola colectividade galega desta vila, irmandada coa de Vilanova de Arousa, para que esta festa poida continuar desenvolvéndose todos os anos “de xeito que a nosa cultura, as nosas músicas e os nosos sons poidan inundar as rúas de Cuxhaven e darse a coñecer entre a poboación desta fermosa localidade”.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/06/2023