Fabiola Garcia preside a toma de posesión de Begoña Abeijón como nova directora xeral de Persoas con Discapacidade

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2023 A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, presidiu hoxe a toma de posesión de Begoña Abeijón como nova directora xeral de Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia. Ao acto, que tivo lugar nas dependencias de San Caetano, asistiron representantes de entidades que traballan neste ámbito.

Begoña Abeijón naceu en Rois en 1986. É licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago e en Medios de Comunicación pola Universidade de Glamorgan en Gales. Completou a súa formación universitaria cun Máster en Marketing Político en Santiago de Compostela.

Desde o ano 2018 ata a actualidade formou parte do gabinete da conselleira de Política Social e Xuventude como asesora, posteriormente como coordinadora e, finalmente, como xefa do gabinete. Con anterioridade, formou parte do gabinete de prensa do presidente da Xunta.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/06/2023