A Xunta confirma que as últimas análisis realizadas para a detección de norovirus en Betanzos dan negativo

A dirección xeral de Saúde Pública ven de confirmar que as analíticas realizadas nos 8 puntos, tantos nos depósitos de cabeceira como na rede de traída da auga, foron negativas en norovirus

O luns tomaranse novas mostras para determinar que os parámetros de microbioloxía e bioquímica son os correctos, tras reducir o nivel de cloro, por parte de concello de Betanzos, tal e como indicaran os técnicos a Xunta de Galicia.

Estes resultados corroboran a efectividade da limpeza dos depósitos e da rede municipal, así como da hipercloración da auga

Desde o comezo da crisis no sistema de abastecemento municipal de Betanzos a Xunta colaborou desde o minuto un co Concello levando a cabo 56 analíticas por parte do departamento de Sanidade, outras 32 por parte de Augas de Galicia e realizáronse 3 encontros coa alcaldesa de Betanzos

A Coruña, 23 de xuño de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, comunicou esta mañá, que desde o pasado mércores, comezan a dar negativo en norovirus as analíticas realizadas nos 8 puntos, tanto nos depósitos de cabeceira como na rede de traída de augas municipal do Concello de Betanzos. A dirección xeral de Saúde Pública informou, esta mañá, destes resultados á alcaldesa de Betanzos. Ademais, as mostras recollidas no día de onte, confirman esta tendencia e volveron a dar negativas en norovirus.

O delegado manifestou a súa satisfacción por estes primeiros resultados positivos na calidade de auga pero aclarou que aínda será necesario facer unha terceira recollida de mostras, o vindeiro luns, para confirmar a posibilidade de que se recomende ao Concello o levantamento das restricións no consumo de auga da traída municipal. O luns tomaranse novas mostras para determinar que os parámetros de microbioloxía e bioquímica son os correctos, tras reducir o nivel de cloro, por parte de concello de Betanzos, tal e como indicaron os técnicos da Xunta de Galicia. Estes resultados corroboran tamén a efectividade da limpeza dos depósitos e da rede, así como da hipercloración da auga

No caso de que os resultados das mostras do luns sexan óptimos en relación coa calidade da auga, a Xunta de Galicia recomendaría ao concello levantar as restriccións. Feito que podería producirse o mércores ou xoves cando se reciban os resultados definitivos das analíticas.

Trenor lembrou que, desde o comezo da crisis no sistema de abastecemento municipal de Betanzos, a Xunta colaborou desde o minuto un co Concello levando a cabo 56 analíticas por parte do departamento de Sanidade, outras 32 por parte de Augas de Galicia e realizáronse 3 encontros coa alcaldesa de Betanzos.

O representante do Goberno lembrou que tanto a ETAP como a rede de distribución e de abastecemento de auga son responsabilidade do goberno local e recalcou que a finalidade da ETAP é garantir que a auga que se capta no río, que non é apta para o consumo, convértase en potable. Cos resultados das mostras tomadas pola Xunta no río non hai para base afirmar que a orixe do brote de gastroenterite sexa auga do río Mendo como afirmou o concello.

O delegado de Xunta recalcou que sendo unha competencia exclusivamente municipal o Goberno galego actuou con total lealdade facendo recomendacións para intentar buscar unha solución á grave crise por contaminación na rede de abastecemento municipal. Concretamente, xa o 2 de xuño os técnicos de Sanidade apuntan a necesidade de levar a cabo unha limpeza profunda dos depósitos e da rede, algo que non se iniciou ata o 11 de xuño. Trenor recalcou que os datos negativos en norovirus que empezan a recollerse o pasado mércores coinciden coa remate dos traballos de limpeza nos depósitos e na rede municipal

O representante do Goberno galego incidiu no esforzo realizado pola Xunta de Galicia que foi a administración que detecta o brote, a que constitúe un equipo de investigación e a que realiza as recomendacións sanitarias e pon en marcha un plan de análise. Os técnicos da Xunta tamén foron os que identificaron o norovirus e os que mantiveron informada e asesorada á alcaldesa con reunións de coordinación e seguimento da crise. Trenor tamén lembrou que e maiores foi o equipo autonómico foi que recomendou os labores de hipercloración e de limpeza e desinfección que parece que están empezando a producir os primeiros resultados positivos na calidade da auga.

O delegado da Xunta manifestou que a Xunta seguirá colaborando coa alcaldesa para pechar este proceso de contaminación da auga municipal e mostrou a súa confianza en que as análises dos vindeiros días manteñan esta tendencia positiva na calidade da auga para poñer fin a 26 días de restricións no consumo de auga en Betanzos que chegou a afectar a máis de 800 veciños no Concello.

Data de actualización: 23/06/2023