Fabiola García aborda os retos de futuro dos nenos e adolescentes coa plataforma de organizacións de infancia de Galicia
2023-06-22
/documents/35297/40753/20230622FotoConselleiraPOIG.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2023
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, reuniuse hoxe co presidente da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) Xesús Vilas, e con outros membros da directiva desta entidade. O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou tamén nesta xuntanza, que se desenvolveu nas dependencias da Xunta en Santiago.
No encontro abordouse a situación dos nenos e adolescentes na nosa Comunidade, con especial daqueles que teñen unha situación de vulnerabilidade e son atendidos a través do sistema de protección á infancia. Así mesmo, durante a reunión a plataforma expuxo as súas liñas de traballo e falouse dos novos retos que hai por diante no ámbito da infancia.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 22/06/2023