A Xunta destaca o seu compromiso coa mellora da seguridade e da saúde laboral no sector mineiro

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá en Santiago de Compostela na apertura dunha xornada técnica organizada polo Instituto Nacional de Silicose

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2023

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá en Santiago de Compostela na apertura dunha xornada técnica organizada polo Instituto Nacional de Silicose.

 

Fernández Vila lembrou o compromiso da Xunta neste sentido, pois desde 2018 existen xa liñas de axudas específicas para actuación que melloren a calidade do ambiente atmosférico mediante a redución das emisións de po e ruído ou a redución da exposición ao po.

 

Na súa intervención, o director xeral tamén explicou que a Xunta conta coa Axenda de impulso da minaría sustentable de Galicia, unha folla de ruta consensuada co sector que recolle 29 iniciativas nun total de nove eixes para fortalecer a competitividade mineira na Comunidade.

Tal e como informou, un destes eixes está enfocado a mellorar a seguridade e saúde laboral dos traballadoras e traballadores buscando o risco cero. Deste xeito, contempla incentivos para impulsar proxectos tecnolóxicos que axuden a reducir accidentes e para outros aspectos relacionados coa prevención de riscos laborais.

Como exemplo, destacan iniciativas e actuacións concretas como as colaboracións co propio Instituto Nacional de Silicose, pero tamén coa Inspección de Traballo e Seguridade Social, o labor que se desenvolve co Grupo de Traballo de Sílice Cristalina creado no Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, a realización de campañas de sensibilización e asesoramento técnico, ou a colaboración con institucións sobre traballos con exposición a sílice cristalina respirable.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/06/2023