O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas participa nunha Xornada Sobre a Xestión das Enfermidades Crónicas

A reunión celebrouse na sede do Colexio de Médicos de Sevilla, e está dirixida a profesionais, xestores e representantes da Administración do sector sanitario

Sevilla, 21 de xuño de 2023

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, participou hoxe, na sede do Colexio de Médicos de Sevilla, na VI Xornada sobre a Xestión das Enfermidades Crónicas, dirixida a profesionais, xestores e representantes da Administración do sector sanitario. A xuntanza ten por obxecto de analizar a xestión actual das enfermidades crónicas e buscar a mellora da organización co obxecto de responder ao reto da cronicidade, adaptando e optimizando a utilización dos medios dispoñibles e aumentando a responsabilidade dos xestores, os profesionais sanitarios e a poboación en xeral.

 

O director xeral do Sergas participou na primeira das mesas, na que se abordou o tema da promoción da saúde e a prevención das enfermidades crónicas. Xunto ao representante galego falaron a directora xeral de Asistencia Sanitaria da Xerencia Rexional de Saúde de Castela-León, Silvia Fernández Calderón; o director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Andaluz de Saúde, Luis Martínez Hervás; a subdirectora xeral de Planificación en Saúde, do departamento de saúde de Cataluña. A mesa estivo moderada pola directora xeral de Humanización, Planificación, Coordinación e Coidados do Servizo Andaluz de Saúde, Inmaculada Vázquez Cruz.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/06/2023