A Xunta participa na clausura do curso Aulas Sénior de Galicia

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2023

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á clausura do curso Aulas Sénior de Galicia. O acto celebrouse no centro sociocultural do caso histórico de Santiago Maruxa e Coralia. 

O director xeral destacou a importancia de fomentar a participación das persoas maiores en todos os eidos para favorecer hábitos de vida saudables. A Xunta destina este ano 190.000 euros a un convenio de colaboración coa Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para o desenvolvemento do programa Aulas Sénior Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/06/2023