Miranda agradece ás representantes da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá o labor de apoio social e cultural desta entidade coa colectividade galega

O secretario xeral da Emigración interesouse tamén pola situación da comunidade galega neste país onde residen máis de 4.000 persoas de orixe galego

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2023 O Secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo, no día de hoxe, unha reunión con Ana Maria Pérez e Rosa Prieto, representantes da xunta directiva da Sociedad Española de Beneficencia de Panamá, na que o responsable autonómico agradeceu o labor de apoio social e cultural desta entidade coa colectividade galega residente neste país centroamericano.

Durante a reunión, Rodríguez Miranda tamén interesouse pola situación da comunidade galega en Panamá, que ascende a 4.093 persoas (dos 15.829 españois que residen neste país).

A Sociedad Española de Beneficencia naceu en 1885 co obxectivo de axudar aos españois mais necesitados. Co paso dos anos foi transformándose e na actualidade os seis principais obxectivos son fomentar a unión entre españois e residentes en Panamá, estreitar lazos de amizade e promocionar a cultura española, e por tanto, tamén a galega, en Panamá.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/06/2023