A Xunta participa na clausura do curso Aulas Sénior de Galicia
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2023 O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu hoxe á clausura do curso Aulas Sénior de Galicia. O acto celebrouse no centro sociocultural do caso histórico de Santiago Maruxa e Coralia.
O director xeral destacou a importancia de fomentar a participación das persoas maiores en todos os eidos para favorecer hábitos de vida saudables. A Xunta destina este ano 190.000 euros a un convenio de colaboración coa Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para o desenvolvemento do programa Aulas Sénior Galicia.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 21/06/2023