A Xunta e a Asociación de profesionais de Turismo da Costa da Morte colaborarán na promoción dos produtos agroalimentarios locais

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2023

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse esta mañá coa directiva da Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM) para abordar distintas vías de colaboración.

 

Así, a directora xeral incidiu na posibilidade de promocionar os produtos agroalimentarios locais desta comarca e reforzar dita colaboración co propio Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte, co fin de levar a cabo accións promocionais conxuntas. Neste senso, Inés Santé salientou que o traballo destes grupos é fundamental, xa que son unhas entidades dinamizadoras do medio rural e son claves no referente ás políticas de fixación da poboación.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/06/2023