O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal asistiu ao evento que se celebrou no Porto

A Xunta participa en Portugal nun seminario sobre bioeconomía forestal, tecnoloxías, mercados e políticas

José Luis Chan moderou a mesa redonda “Mercados emerxentes: secuestro de carbono, servizos ecosistémicos e xestión forestal”

O seminario foi organizado por Forestis, a Associaçião Florestal de Portugal, en colaboración coa Asociación Forestal de Galicia e co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia

Enmárcase no proxecto transfronteirizo Biotecfor, que ten como obxectivo aumentar a eficiencia no aproveitamento dos recursos forestais de Galicia e o norte de Portugal

Porto (Portugal), 20 de xuño de 2023 O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou esta tarde na xornada “Bioeconomía forestal en tempos desafiantes” organizada pola asociación lusa Forestis, a Associaçião Florestal de Portugal, en colaboración coa Asociación Forestal de Galicia e co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia.

José Luis Chan foi o encargado de moderar a última mesa redonda do seminario, titulada “Mercados emerxentes: secuestro de carbono, servizos ecosistémicos e xestión forestal”. Na mesa participaron máis expertos e expertas deste sector e, acto seguido, houbo un debate sobre esta temática.  

Ao longo do día foron sucedéndose diferentes mesas redondas e faladoiros sobre cuestións relacionadas coa bioeconomía forestal, como as tecnoloxías avanzadas, estratexias de aplicación para a eficiencia da planificación e xestión forestal ou a bioeconomía nas políticas nacionais e europea para s bosques.  

Este seminario enmárcase no proxecto transfronteirizo Biotecfor, que ten como obxectivo aumentar a eficiencia no aproveitamento dos recursos forestais. Tamén promove a bioeconomía e a economía circular da rexión norte de Portugal e Galicia a través de sistemas robóticos intelixentes para a recollida e procesamento da biomasa e procurando novas aplicacións para novos materiais.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/06/2023