O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación do XVI Simposio sobre Enerxías Renovables

Ourense, 19 de xuño de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación do XVI Simposio sobre Enerxías Renovables que se desenvolverá o vindeiro xoves, 22 de xuño en Expourense para poñer en valor o papel que xoga a arquitectura na construción de edificios sostibles, eficientes e con tendencia ao ‘consumo case cero’ presentando casos de éxito nacionais e internacionais.

Participarán un total de 12 relatores, entre arquitectos e enxeñeiros de empresas que son referentes da arquitectura sostible en países como España, Portugal, Italia ou Holanda. O XIV Simposio de Enerxías Renovables está organizado por Expourense coa colaboración da empresa ourensá INGEO-Geothermal Research e conta co apoio do INEGA Instituto Enerxético de Galicia e da Deputación de Ourense.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/06/2023