A Xunta salienta a importancia de que as familias con menores afectados dunha enfermidade renal teñan apoio social, educativo e emocional

Nigrán (Pontevedra), 18 de xuño de 2023 O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou esta mañá a importancia de que as persoas con enfermidades renais conten con apoio social, educativo e emocional. Fíxoo nun encontro de menores afectados por estas doenzas que tivo lugar na Residencia de tempo libre da Xunta de Galicia en Panxón.

Esta xornada de convivencia estivo organizada pola Federación Alcer Galicia e na mesma participaron pediatras, psicólogos e traballadores sociais que orientaron ás familias sobre como actuar cando un fillo ten unha enfermidade renal crónica. Durante o encontro, os menores contaron con espectáculos lúdicos e de aprendizaxe, con obradoiros, xogos ao ar libre e un espectáculo de maxia na praia de Pazos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/06/2023