Gonzalo Trenor participou na inauguración das I Xornadas sobre Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá

A Coruña, 16 de xuño de 2023 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na inauguración das I Xornadas sobre Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá organizadas polos responsables do Máster en Desenvolvemento Infantil e Atención Temperá, título propio da Universidade da Coruña.

Trenor destacou que o Goberno galego leva moito tempo aumentando o seu financiamento para amplialo por toda a Comunidade e chegar a máis de 5.000 nenos atendidos.

O delegado da Xunta apuntou que dada a importancia para as familias deste servizo, a Xunta destina este ano 12 millóns de euros para consolidar a rede autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/06/2023