O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe o presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra

Ourense, 16 de xuño de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibiu esta mañá en audiencia ao presidente do Consello Regulador Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, trala súa elección como novo responsable desta senlleira D.O.

Ámbolos dous analizaron as demandas e necesidades do sector, trasladándolle o delegado territorial o compromiso da Xunta de seguir a traballar a prol do sector e lembrándolle a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que persegue consolidar os nosos viños nos mercados nacional e internacional e potenciar tanto a imaxe de marca e identidade como o turismo vinculado aos territorios onde se producen.

Ao remate do encontro, Gabriel Alén, desexoulle moita sorte e éxitos na súa responsabilidade ao fronte do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/06/2023