A Xunta remata as obras da nova senda peonil na estrada autonómica OU-636 entre Freixido e A Caseta, no concello de Larouco

Habilitouse na marxe dereita desta vía unha senda de formigón de 160 metros de lonxitude e ancho de 2,50 metros e outro itinerario das mesmas características na marxe esquerda, á altura da caseta do servizo de Conservación de Estradas da Xunta

A intervención supuxo un investimento de máis de 20.000 € e completa a mellora da seguridade viaria e da accesibilidade executada nos núcleos de Larouco e da Caseta

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2023.- A Xunta rematou a execución das obras da nova senda na estrada OU-636, entre Freixido e A Caseta, no concello de Larouco.

Mediante esta nova intervención de conservación e mellora da mobilidade, á que se destinou un investimento autonómico de máis de 20.000 euros, complétanse as actuacións de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade realizadas o pasado ano nesta mesma vía autonómica, nos núcleos de Larouco e da Caseta.

En concreto, actuouse en dous treitos en ambas as marxes da OU-633.

Na marxe dereita habilitouse unha senda de formigón de 160 metros de lonxitude e ancho de 2,50 metros, no treito situado entre os puntos quilométricos 19+920 e o 20+080.

Ademais, executouse outro itinerario das mesmas características na marxe esquerda, á altura da caseta do servizo de Conservación de Estradas da Xunta.

Esta intervención en Larouco enmárcase na liña de traballo impulsada pola Xunta de mellora da rede viaria autonómica para favorecer os desprazamentos a pé de modo máis cómodo e seguro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/06/2023