Martina Aneiros enxalza o traballo da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra na promoción do uso e da aprendizaxe da lingua de signos española

Ferrol, 14 de xuño de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, enxalzou esta tarde o traballo da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) á hora de promover e fomentar o uso e a aprendizaxe das linguas de signos. “Estas xogan un papel fundamental na transmisión de ideas, na relación persoal e social e no intercambio de coñecementos entre este colectivo”, destacou no marco dos actos que esta entidade organizou con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas.

Aneiros tomou parte na entrega dos recoñecementos Deaf Friendly aos centros educativos IES Catabois (Ferrol), CIFP Leixa (Ferrol) e CEIP Plurilingüe O Ramo (Fene) polo traballo desenvolto de fomento da accesibilidade á lingua de signos, en colaboración coa asociación. Durante o acto, tamén se entregaron os diplomas ao alumnado do CEIP O Ramo e CAP Souto de Leixa que participaron nos cursos de lingua de signos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/06/2023