A Xunta restablecerá o vindeiro martes os horarios e servizos da liña de autobús Canicouva-Pontevedra tras finalizar o peche na estrada provincial EP-001

A duración da viaxe reducirase en 10 minutos, unha vez superada a necesidade de realizar desvíos por mor das obras da autovía estatal A-57

Recuperarase así a duración orixinal das expedicións, de media hora

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade restablecerá o vindeiro martes, 20 de xuño, os servizos da liña de autobús Canicouva-Pontevedra, tras a finalización do peche na estrada provincial EP-001 motivada polas obras de construción da autovía estatal A-57.

 

Deste xeito, o servizo de transporte público recuperará o funcionamento que era habitual ata o peche obrigado da estrada provincial. Así, a duración total da viaxe reducirase en 10 minutos, recuperando a duración das expedicións, de media hora.

 

Tras a finalización do peche da estrada provincial e dos desvíos habilitados, este 20 de xuño os servizos de autobús retomarán a súa configuración orixinal, recuperándose o tempo de viaxe, os horarios anteriores e os servizos suprimidos, quedando configurados do seguinte xeito:

TEMPADA DE VERÁN
A Canicouva-Pontevedra EA
Pontevedra EA-A Canicouva
Luns-Venres

08:30, 09:40, 11:40, 12:25, 15:15, 16:50, 18:40, 20:30

Luns-Venres

08:10, 09:05, 10:55, 12:00, 14:50, 16:20, 18:05, 19:55

Sábados
09:40, 11:40, 16:50, 20:30
Sábados
10:55, 12:55, 18:05, 21:45
Domingos e festivos
09:40, 16:50
Domingos e festivos
10:55, 18:05
 
 
TEMPADA DE INVERNO
A Canicouva-Pontevedra EA
Pontevedra EA-A Canicouva
Luns-Venres

06:00, 07:50, 09:40, 11:40, 15:15, 16:50, 18:40, 20:30

Luns-Venres

07:15, 09:05, 10:55, 12:55, 16:20, 18:05, 19:55, 21:45

Sábados
09:40, 11:40, 16:50, 20:30
Sábados
10:55, 12:55, 18:05, 21:45
Domingos e festivos
09:40, 16:50
Domingos e festivos
10:55, 18:05

 

Ata a data, os servizos modificáronse para reducir o impacto das obras nas necesidades globais de mobilidade dos viaxeiros, ao provocar un desvío e, polo tanto, un incremento na duración da viaxe de 10 minutos.

 

Estes axustes supuxeron un cambio nas horas de chegada e de saída dos autobuses durante as tempadas de inverno, tanto en días laborables como en fins de semana, e tamén na tempada de verán, recuperándose agora os horarios anteriores, os servizos suprimidos temporalmente e os tempos de viaxe.

 

A información relativa aos servizos restablecidos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Data de actualización: 13/06/2023