A Xunta de Galicia pon en marcha o plan de inspección de seguridade industrial co que se realizarán máis de 1400 controis

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as actuacións coas que se comprobará a adecuación dos establecementos, instalacións, actividades e produtos respecto dos regulamentos de seguridade industrial e normativas que lle sexan aplicables

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2023

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe  o Plan de Inspección de Seguridade Industrial para 2023, no que se establecen máis de 1400 controis. O obxectivo é comprobar a adecuación dos establecementos, instalacións, actividades e produtos respecto dos regulamentos de seguridade industrial e normativas que lles sexan aplicables.

O plan, posto en marcha desde a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, está composto por catro programas de inspección: instalacións sometidas a regulamentos de seguridade (entre as que se inclúen instalacións eléctricas, ascensores, estacións de servizo ou instalacións térmicas en edificios, entre outros); empresas instaladoras ou de mantemento no ámbito da seguridade industrial; accidentes graves; e empresas que manipulan gases fluorados, unha das novidades que presenta o plan para este ano.

As xefaturas territoriais da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación farán a selección dos establecementos, instalacións e actividades que sexan obxecto de inspección e dito plan estará vixente ata o 31 de marzo do próximo ano.

PROGRAMAS
SECTORES
INSPECCIÓNS

Instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial

Instalacións eléctricas de baixa tensión
250
Instalacións de xeración asociadas ao autoconsumo
P>=125kW:200
Alta tensión e centros de transformación particulares
200
Ascensores
150

Instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos: subministración a vehículos

100

Instalacións de distribución de produtos petrolíferos para a subministración de combustible a vehículos propios

100
Instalacións térmicas en edificios
50
Instalacións de almacenamento de produtos químicos
50

Instalacións de seguridade contra incendios en establecementos industriais

 
50

Empresas instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial

Declaracións responsables de empresas instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial

200
Accidentes graves

Establecementos industriais afectados polo Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, no seu nivel superior

Todas as de nivel superior

Empresas que manipulan gases fluorados

Declaracións responsables de empresas que manipulan gases fluorados nos ámbitos das instalacións frigoríficas, instalacións térmicas en edificios, instalacións de protección contra incendios e en instalacións de alta tensión

50

Data de actualización: 12/06/2023