Martina Aneiros asiste á xura de dous novos avogados do Colexio Profesional de Ferrol

Ferrol, 9 de xuño de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde á xura de dous novos colexiados do Colexio de Avogados de Ferrol que tivo lugar no centro Torrente Ballester. No acto tamén se recoñeceu ao compañeiros que cumpriron 30 anos de exercicio profesional.

O Colexio de Avogados celebrou durante a xornada a súa festividade, San Raimundo, cun programa que incluíu pola mañá unha misa en honra aos colexiados falecidos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/06/2023