A Xunta felicita a Cáritas Diocesana de Santiago pola posta en marcha do novo albergue San Javier en Pontevedra

Pontevedra, 10 de xuño de 2023

A Xunta felicitou a Cáritas Diocesana de Santiago pola posta en marcha do novo albergue San Javier, en Pontevedra. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, asistiu hoxe á inauguración deste servizo de atención ás persoas sen fogar e agradeceu a esta entidade o seu compromiso coa inclusión social.  

Arturo Parrado tamén deu a benvida ao novo arzobispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández, e remarcou que Cáritas continúa a ser unha entidade de referencia na atención das persoas en risco de exclusión. O Goberno galego colaborou na creación deste centro a través dunha axuda económica de 300.000 €.

Data de actualización: 10/06/2023