Rosa Quintana pon en valor o traballo de José Manuel González e Edelmiro Docampo para impulsar o sector marítimo-pesqueiro galego

Brión (A Coruña), 9 de xuño de 2023

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou hoxe en Brión no acto de entrega do II Premio da Asociación de Frigoríficos de Pesca Extractiva (Afripex) a José Manuel González Travieso, administrador solidario de Frigomar Burela, e no que tamén se homenaxeou de xeito póstumo a Edelmiro Docampo, que foi presidente do consello de administración de Frigoríficos Docampo e de Servizos de Frío de Ribeira.

Rosa Quintana enxalzou a entrega e o labor de ambos a prol da competitividade do sector marítimo-pesqueiro galego e púxoos como exemplo de responsabilidade e boa xestión. José Manuel foi poxador na lonxa de Burela ata os 65 anos, puxo en marcha unha empresa de compra de peixe fresco que na actualidade levan os seus fillos e tamén unha frigorífica dedicada a conxelar peixe para a industria conserveira, entre outras tarefas. En 2002 pasou a ser un dos accionistas de Frigomar Burela, onde na actualidade figura como administrador. Edelmiro Docampo comezou a súa carreira profesional moi novo e desenvolveu en Ribeira a súa ampla traxectoria no sector. Con esta iniciativa Afripex pon en valor o papel de persoas vencelladas co sector da transformación e comercialización dos produtos do mar.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 09/06/2023