Fabiola García destaca o apoio da Xunta ás persoas con esclerose múltiple na VI Carreira e Andaina Solidarias de ACEM

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2023 A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, asistiu hoxe á saída da VI Carreira e Andaina Solidarias pola Esclerose Múltiple. O delegado territorial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, tamén se deu cita neste evento organizado pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM).

A proba foi aberta a todos os públicos e idades e contou coa participación de máis de 700 persoas. O obxectivo deste evento é dar máis visibilidade á enfermidade e recadar fondos para atender as necesidades das persoas afectadas co fin de mellorar a súa calidade de vida.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/06/2023