A Xunta avalía co Comité Executivo de Enerxía a situación dos nós de transición xusta
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistiu esta semana á reunión deste órgano dependente do Consello Galego de Economía e Competitividade
2023-06-11
/documents/35297/40702/20230611DXPernComiteEnerxia1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2023
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, asistiu esta semana á reunión do Comité Executivo de Enerxía do Consello Galego de Economía e Competitividade, na que se avaliou a situación dos nós de transición xusta correspondentes a Meirama e As Pontes.
Tras o peche das dúas centrais eléctricas, o comité considera fundamental poder aproveitar a capacidade destes nós para favorecer a reindustrialización e transformación da zona a través de diferentes proxectos que garantan este novo desenvolvemento na zona debido aos compromisos adquiridos nun concurso de transición xusta.
Deste xeito, concluíuse que a capacidade destes nós debería quedar dispoñible para o concurso orientado aos novos proxectos con interese en implantarse en Galicia, a pesar de que nos últimos datos que publica Rede Eléctrica non toda a potencia que se perde aparece dispoñible. Neste sentido o comité agarda que se cumpra cos compromisos adquiridos polo Goberno central para a convocatoria dos concursos dos nós de transición xusta vinculándoo a compromisos industriais.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 11/06/2023