A Xunta iniciará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes de dúas estradas autonómicas nas provincias da Coruña e de Pontevedra

Na provincia da Coruña, as novas tarefas desenvolveranse na estrada AC-550 ao seu paso polos concellos de Cee, Muros e Noia

Tamén comezarán actuacións nas marxes da autovía AG-51 en Salvaterra de Miño

Proseguirán os traballos nas vías de altas prestacións que unen Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1) e con Nadela (CG-2.2), nos concellos do Páramo e de Sarria

As actuacións forman parte do novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, cun investimento de case 3 millóns de euros para os dous próximos anos

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2023

A Xunta iniciará esta semana novos traballos de limpeza e acondicionamento nas marxes de dúas estradas autonómicas nas provincias da Coruña e de Pontevedra.

Na provincia da Coruña, as novas tarefas de roza e limpeza desenvolveranse na estrada AC-550, ao seu paso polos concellos de Cee, Muros e Noia.

Ademais iniciaranse novas actuacións nas marxes da autovía AG-51, no concello pontevedrés de Salvaterra de Miño.

Tamén proseguirán os traballos xa en marcha nas últimas semanas na provincia de Lugo como os que se están a executar nas vías de altas prestacións que une Monforte de Lemos co Alto do Faro (CG-2.1); e a que une Nadela e Monforte de Lemos (CG-2.2), nos concellos do Páramo e de Sarria.

Estas actuacións forman parte do novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 millóns de euros para os dous próximos anos.

As intervencións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas, e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

Os obxectivos deste programa son previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/06/2023