A Xunta destaca o éxito de Galicia Ilusiona que consolida a Galicia como capital mundial do ilusionismo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, incidiu no éxito deste festival de ilusionismo que xa é un referente mundial dentro do mundo da maxia

Galicia volverá a ser a gran capital mundial do ilusionismo durante os meses de setembro e outubro.

O pasado ano o festival logrou esgotar todas as entradas das galas que organizou nas 7 cidades galegas e reunir a máis de 52.000 persoas

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2023

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación da nova edición da iniciativa Galicia Ilusiona, que este ano consolidará a Galicia como a capital mundial do ilusionismo.

Durante o desenvolvemento do acto, a directora de Turismo de Galicia incidiu no éxito acadado por este festival que se converteu nun dos máis grandes de Europa, con máis de 30 artistas achegados de todos os recunchos do mundo. Gracias a todo iso, o festival logrou esgotar todas as entradas ás galas que organizou nas 7 cidades galegas ou reunir a máis de 52.000 persoas.

Neste senso, Nava Castro destacou o éxito desta iniciativa e que da man de eventos como este, Galicia volverá a ser a gran capital mundial do ilusionismo durante os meses de setembro e outubro.

 

“Temos que sentirnos orgullosos do traballo realizado dende tódolos sectores, xa que gracias a isto, somos un destino elixido por milleiros de persoas para visitar e, por suposto, de ter esa maxia que nos fai tan especiais aos galegos e de que sigamos sendo o destino favorito para a celebración de actuacións tan espectaculares como, estou segura, levarán a cabo os participantes deste festival de ilusionismo”, finalizou a directora de Turismo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/06/2023