A Xunta entrega diplomas a 15 persoas que remataron con éxito o curso sobre auditoría retributiva e valoración de postos laborais nas empresas

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023 A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou na clausura e entrega de diplomas ás quince persoas que remataron hoxe, con éxito, o curso impulsado pola Xunta sobre valoración de postos de traballo, rexistro e auditoría retributiva dirixido a asociacións empresariais e sindicais.

No acto, celebrado no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, a representante autonómica puxo en valor o contido destas formacións que permiten afondar nos coñecementos técnicos relacionados coa igualdade retributiva. “Os plans de igualdade das empresas deben incluír auditorías retributivas e valoracións de postos de traballo como ferramentas que saquen á luz as fendas salariais”, defendeu Mancha, que se amosou convencida de que con accións coma esta, Galicia está a avanzar nunha verdadeira cultura da igualdade laboral.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/06/2023