Román Rodríguez anima ao alumnado galego a seguir sendo un referente en materia de igualdade

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe no Parlamento de Galicia nos actos da Campaña Mundial pola Educación baixo o lema Transformación en igualdade. Na súa intervención o representante da Xunta animou ao alumnado galego a seguir apostando pola igualdade a escola, “un ámbito no que xa sodes un referente en todo o Estado, así como en respecto e tolerancia, tal e como indican os resultados do Informe PISA”, afirmou.

“A educación debe servir para combater a fenda de xénero e asegurar unha capacitación e unha formación iguais para homes e mulleres, trasladando despois esta fórmula a todas as esferas da vosa vida”, explicou. O conselleiro manifestou o seu orgullo polo avance que ten experimentado a comunidade educativa galega en materia de igualdade e convidou a alumnos e docentes a seguir traballando para mellorar os indicadores neste eido.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/06/2023