A Xunta celebra o 50 aniversario da Festa do Viño Tinto do Salnés

Ribadumia (Pontevedra), 3 de xuño de 2023 O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, acompañado polo alcalde de Ribadumia, David Castro, participou esta mañá nos actos de celebración da L Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas, que se celebra neste concello pontevedrés. Alí, o director foi investido novo valedor deste produto.

Nesta 50 edición da festa están presentes máis dun centenar de viños na súa famosa cata e conta con actividades para todas as idades. Durante a celebración desta edición, o director exaltou as variedades autóctonas e incidiu na necesaria aposta pola calidade dos nosos viños, cuxo prestixio xa traspasa fronteiras.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2023