O Centro Superior de Hostelería de Galicia celebrou hoxe o acto de graduación do alumnado de Xestión hoteleira e de Xestión de cociña e gastronomía

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na cerimonia de graduación, onde indicou que este acto segue consolidando a Galicia como un territorio cunha oferta turística de excelencia

Nesta cerimonia gradúaronse 47 alumnos: 35 en Xestión Hoteleira e 12 en Xestión en Cociña e Gastronomía

Dende a súa creación, o Centro leva formando a ao formar a preto de 3.000 profesionais que desenvolven o seu labor en empresas hostaleiras e turísticas de todo o mundo
 

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2023

O Centro Superior de Hostelería de Galicia acolleu hoxe o a acto de graduación dos 35 alumnos da IX Promoción de Xestión Hoteleira e 12 da VII Promoción de Xestión de Xestión de Cociña e Gastronomía.

Ao acto asistiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a Vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso; o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal e a directora do CSHG, Marta Fernández. Tamén o padriño e a madriña de ambas promocións, Xosé Torres Cannas, do Restaurante Pepe Vieira e padriño da promoción de Gastronomía; e Luisa Lorenzo, propietaria A Quinta da Auga, e madriña da promoción de Xestión Hoteleira.

Na súa intervención, a directora de turismo de Galicia salientou a importancia da calidade como eixe fundamental da nosa oferta gastronómica, que converte a Galicia nun faro de excelencia. Neste senso, destacou que “a aposta pola calidade turística permítenos impulsar un factor de diferenciación do destino turístico, un elemento fundamental nun mercado global e competitivo”.

Finalmente a directora de Turismo de Galicia animou aos novos graduados a construír desde a base o futuro desenvolvemento do sector, “a proxección internacional deste centro vai marcar a vosa formación e a vosa carreira profesional no sector turístico”

O CSHG é un centro especializado na formación en xestión de empresas hostaleiras e de restauración. Inicia o seu percorrido no ano 1993 para dar resposta a necesidade de directivos na xestión hoteleira. Na súa traxectoria ten consolidado un posto de referencia no sector, ao formar a preto de 3.000 profesionais que desenvolven o seu labor en empresas hoteleiras e hostaleiras e turísticas de todo o mundo.

Data de actualización: 03/06/2023