A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais ao Rego Taboeiros, no concello de Ribadumia

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco no marco das inspeccións rutineiras nas redes fluviais

Os técnicos da Xunta solicitaron ao Concello un plan de actuacións para eliminar as achegas contaminantes que procedían da infraestrutura municipal de saneamento da parroquia de San Clemenzo de Sisán, actuando no pozo de rexistro orixe do foco

Nunha inspección recente, verificouse que as intervencións realizadas permitiran a emenda do vertido

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un punto de vertido de augas residuais ao rego Taboeiros, no concello de Ribadumia.

 

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco no marco das inspeccións rutineiras nas redes fluviais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.

 

O foco localizado na parroquia de San Clemenzo de Sisán tiña orixe nas filtracións da infraestrutura municipal de saneamento nesta zona do municipio pontevedrés.

O persoal da Xunta solicitou ao Concello un plan de actuacións para eliminar as achegas contaminantes, procedendo a administración local a actuar nun pozo de rexistro do colector de saneamento, no cal foi identificada a orixe da achega de augas residuais ao dominio público hidráulico.

Os técnicos da Xunta realizaron recentemente unha nova inspección á zona, verificando que as actuación realizadas permitiron a emenda do vertido.

Data de actualización: 04/06/2023