A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais nunha instalación industrial do concello de Bueu

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia, detectaron este foco nunha inspección rutineira de control

Os inspectores localizaron a orixe do foco no baldeo que se realizaba no marco da actividade industrial cara a una gabia de pluviais sen depuración previa

Augas de Galicia de Galicia requiriulle aos responsables da instalación a adopción das medidas correctoras oportunas que permitiron o cese da contaminación

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, eliminou un vertido de augas residuais procedente dunha instalación industrial asentada no concello de Bueu.

 

Este foco foi localizado no marco das inspeccións rutineiras levadas a cabo polos técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia.

 

Os técnicos da Xunta identificaron a orixe do punto de vertido nas operacións de baldeo que se realizaban no marco da actividade industrial cara a una gabia de pluviais sen depuración previa, que se producía en condicións inadecuadas.

 

Ante a deficiencia observada, os técnicos de Augas de Galicia requiríronlle aos responsables da instalación o cese da actuación que orixinaba a achega irregular.

 

Os técnicos da Xunta, nunha nova inspección xirada ás instalacións, comprobaron novamente a localización orixe do vertido irregular, corroborando a emenda do foco de vertido.

Data de actualización: 03/06/2023