A Xunta participa nunha mostra de recursos dos grupos de seguridade e emerxencias que actúan na comarca do Barbanza

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe na Pobra do Caramiñal a exhibición de materiais e recursos dos diferentes grupos de emerxencias e seguridade que actúan na comarca. A mostra, dirixida ao alumnado dos centros educativos da zona, enmárcase na I Xornada de Confraternidade de Seguridade e Emerxencias da Comarca do Barbanza, organizada polo Concello e a Mancomunidade Barbanza Arousa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/06/2023