Román Rodríguez destaca a “excelencia e precisión” das investigacións do catedrático Miguel Taín na súa incorporación á Academia Xacobea

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na sesión solemne de ingreso do profesor Miguel Taín como académico número da Academia Xacobea. No acto destacou a “excelencia e precisión académica das investigacións e traballos” do catedrático de Historia da Arte na Facultade de Xeografía e Historia, cuxa entrada na entidade “ampliará a nosa visión sobre a historia e o papel transcendental do Xacobeo”. 

O titular de Cultura felicitou a Taín polo seu ingreso e celebrou que a entidade se nutra de profesionais como el, “un dos máis prolíficos investigadores sobre a relación entre Europa, o Camiño de Santiago, a cidade de Compostela e as súas peregrinacións”. Salientou tamén o labor de estudo, divulgación e investigación “serio, moderado e rigoroso a favor do Camiño” que se está levando a cabo desde a Academia Xacobea “que sen dúbida xogará un papel clave de cara aos próximos anos santos”.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/05/2023