Miranda mantivo un encontro co CRE de Berlín no que trasladou as medidas da Estratexia Galicia Retorna e os programas de apoio a entidades e galegos en Alemaña, solicitándolle a súa colaboración para súa a difusión

Berlín (Alemaña), 28 de maio de 2023

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta mañá unha reunión unha reunión coa presidenta do Consejo General da Ciudadanía Española no Exterior e máxima responsable do CRE de Berlín, María González Barro, que estivo acompañada por Jose Penedo, membro electo deste CRE. Durante esta reunión trasladóuselle as novas medidas da Estratexia Galicia Retorna, así como os programas de apoio a entidades e galegos en Alemaña, solicitándolle a súa colaboración para a divulgación das mesmas entre os galegos deste país.

Ademais, o secretario xeral da Emigración tamén recolleu durante este encontro todas as peticións de información que se lle realizaron sobre os distintos programas da Xunta que benefician ás entidades e os residentes galegos no exterior, e a maiores, Rodíguez Miranda ofreceu a súa colaboración ao CRE en aquelas cuestións que foran necesarias para axudar aos cidadáns galegos na capital alemá, onde, na actualidade, viven máis de 11.000 españoles. .

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/05/2023