Miranda e o cónsul de España en Munic visitan o Audi Museum Mobile de Ingolstadt acompañando ao centro español de Ingolstadt

Ingolstadt (Alemaña), 26 de maio de 2023

O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o Museo de Audi de Ingolstadt, invitado polo grupo de automoción alemá. O vicepresidente de Recursos Humanos de Audi AG, o español Xavier Ros, foi o anfitrión deste percorrido polas instalacións, nunha visita na que tamén estivo presente o   cónsul xeral de España en Múnic, Ángel Boixareu e representantes do Centro Español de Ingolstadt.

Ao remate da visita, o secretario xeral da Emigración agradeceu o apoio desta corporación ás iniciativas que o Centro Español de Ingolstadt realiza, como a proxección do ciclo CinEscultura de Regensburg, e especialmente ao vicepresidente de Recursos Humanos da firma, Xavier Ros. Nesta factoría de Audi desenvolveron o seu traballo moitos miles de españoles, e particularmente galegos, ao longo da súa historia , e aínda hoxe, conta cunha presencia testimonial de traballadores do noso país. Polo tanto, tamén axudaron a conformar a historia desta marca. O Audi Museum Mobile inaugurouse en 2007, e conta con exposicións históricas de coches e motocicletas, así como paneis e elementos audiovisuais sobre a construción dos diferentes modelos desta coñecida marca.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/05/2023