O Secretario Xeral da Emigración asistiu, invitado polo concello de Ingolstadt, á inauguración da Pfingstvolksfest na que participan os galegos desta localidade

Ingolstadt (Alemaña), 26 de maio de 2023

O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu, invitado polo concello de Ingolstadt á inauguración da Pfingstvolksfest (Festa de Pentecostes) na que tamén participan os galegos desta localidade. O responsable do departamento autonómico agradeceu a invitación ao alcalde, Cristian Scharpf, así como a boa acollida desta bonita e próspera cidade do estado de Baviera aos galegos que residen nela.

 

Trátase dun festival folclórico que se celebra dúas veces ao ano nesta cidade ás beiras do río Danubio, na primavera e no outono, e no que participa a práctica totalidade dos 136.000 habitantes desta localidade situada preto de Múnich. Esta festa lévase a cabo dende 1946.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/05/2023