A Xunta participa no VI Encontro para o Emprego que realiza Acción Contra a Fame

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe por videoconferencia no VI Encontro para o Emprego organizado por Acción contra a Fame. Este evento dixital contou coa participación de empresas de diversos sectores e con persoas en risco de exclusión que participan nos proxectos desta entidade social.

 

Arturo Parrado destacou a importancia destas xornadas para achegar a realidade do mercado de traballo a persoas en situación de vulnerabilidade, así como para informar das posibilidades que estas teñen para mellorar as súas competencias para o emprego.

Data de actualización: 25/05/2023