A Xunta participa na entrega de premios do concurso ‘Cantamos coas mans’ organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2023

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu hoxe á entrega de premios do VI concurso de cancións ‘Cantamos coas mans’ no CIFP Politécnico de Santiago. Un total de 40 centros educativos participaron neste certame organizado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg).

 

O obxectivo destes premios é sensibilizar e difundir o coñecemento da Lingua de Signos Española entre a mocidade. Na edición deste ano os centros gañadores foron EEI Xela de Arias (Sarria), CEEPR Aspanex (Vigo), CEIP Plurilingüe Vila de Rutis (Culleredo), IES Rego de Trabe (Culleredo) e CEIP de Viñagrande-Deiro (Vilanova de Arousa).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/05/2023