A Consellería de Educación rematou xa os trámites administrativos para desenvolver a obra de cambio de fiestras no Colexio Pío Cabanillas Gallas de Dozón

O proxecto adxudicouse a Noroeste soluciones constructivas S. L. por 181.507,85 €

Está previsto que as obras comecen en canto a empresa teña todos os materiais precisos

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2023 A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades rematou os trámites administrativos para desenvolver a obra de renovación de fiestras no Colexio CEIP Pío Cabanillas Gallas de Dozón. Non en balde, a Xunta ten xa formalizado o contrato coa empresa Noroeste soluciones constructivas S.L. para a substitución de carpinterías deste centro por un importe total de 181.507,85 €.

Técnicos da Consellería de Educación seguen de preto os preparativos para o seu desenvolvemento, que comezará en canto a empresa dispoña de todos os materiais precisos, algo que se está a complicar no contexto global actual de falta de subministros.

A actuación contempla o cambio da totalidade das 111 fiestras do centro por novas carpinterías de aluminio con mellores prestacións térmicas e acústicas. Alí onde as fiestras se atopan a gran altura colocarase un sistema motorizado para a súa apertura. O obxectivo da obra é  reducir o consumo enerxético, ao tempo que se mellora o confort térmico da comunidade educativa.

Data de actualización: 22/05/2023