A Xunta enxalza a riqueza das producións agroalimentrias galegas na VII Festa gastronómica do becerro ecolóxico ao espeto que se celebra en Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 21 de maio de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, acompañados do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, asistiron este mediodía á VII Festa gastronómica do becerro ecolóxico ao espeto, que se celebra no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade.  

Neste evento, ambos salientaron a riqueza e variedade da despensa agroalimentaria galega, no marco dunha festa que exalta o becerro ao espeto mediante unha degustación acompañada por outros produtos do agro, como son o pan ou as patacas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/05/2023