Miranda celebra o Día das Letras Galegas coa colectividade suíza, invitado pola asociación Xeitosiñas de Zúrich

Zurich (Suíza), 21 de maio de 2023

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe aos actos do Día das Letras Galegas organizadas polo asociación Xeitosiñas de Zurich, en Suíza, para celebrar xunto á colectividade galega neste país esta xornada dedicada ao ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego.  

Entre outras actividades lúdicas e de exaltación da nosa lingua, desenvolveuse unha conferencia a cargo da escritora galega Charo Golmar. O secretario Xeral agradeceu durante o acto a implicación das entidades galegas do exterior, e, en concreto, a da asociación ASC-As Xeitosiñas Grupo de Baile e Banda de Gaitas de Zúrich, para seguir a impulsar a nosa lingua e a promocionar a nosa cultura entre a sociedade helvética.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/05/2023