Miranda visita a asociación de padres de familia Esslingen (Alemaña) que en breve celebrará os seus 50 anos de existencia

Esslingen (Alemaña), 20 de maio de 2023

O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas un encontro coa Asociación de Padres de Familia Esslingen, preto de Stuttgart, na que trasladou o seu interese pola situación dos galegos do estado alemá de Baden-Wurtemberg. Esta entidade cumprirá en breve os seus 50 anos de existencia.  

Rodríguez MIranda agradeceu a esta entidade o seu labor por apoiar e manter os lazos entre os galegos afincados nesta rexión do sur de Alemaña. A Asociación de Padres de Familia Esslingen, unha cidade duns 100.000 habitantes, agrupa a un centenar de asociados de familias españolas, na súa maioría galegas, que mantén a nosa cultura a través das celebracións tradicionais de Galicia ao longo de todo o ano. De feito, conta cunha agrupación musical. Neste senso, o secretario xeral trasladoulles o apoio da administración autonómica, comprometéndose a axudarlles no impulso das súas actividades, trasladadas xa a segundas e terceiras xeracións nada no país de acollida.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/05/2023